O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, puxo en funcionamento o alumeado preparado por Raxoi para estas datas. En total, máis de cuarenta rúas e oito prazas lucirán durante este mes un decorado especial, no que o Concello investiu 165.000 euros. No acto tamén estiveron presentes os responsables das empresas encargadas da decoración (Blachere, no Casco Histórico, e Iluminacións Santiaguesas, no Ensanche).
O acto de encendido comezou pola praza do Toural, onde ás 20.00 horas se iluminou un teito de luces de led blanco con 5.000 puntos de luz. É de destacar o baixo consumo da iluminación deste ano; como exemplo, estes 5.000 puntos de luz consumen 245 watios.
A continuación, a comitiva municipal contemplou as luces da Alameda e a rúa Xoán Carlos I. A estas, súmanse, no Casco Histórico, os ornamentos ubicados en Cervantes, Fonseca, Praterías e Obradoiro e en 25 rúas. No Ensanche, o alumeado comprende 12 rúas e 3 prazas (praza de Galicia, praza Roxa e praza de Vigo).
Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|