|
A partir do luns 16 de novembro e ata o final da obra do túnel do Hórreo, o tramo entre Fernando III O Santo e a rotonda quedará reducido definitivamente a un carril por cada sentido. Ademais, dende o luns 23 de novembro, o vieiro Antón Fraguas quedará cun carril por sentido e Romero Donallo terá unicamente un carril de subida, abrindo en sentido baixada un carril directo a Antón Fraguas. A nova restrición a partir do luns 16 de novembro, supón que o tramo entre a glorieta e Fernando III O Santo quedará cun carril de subida e outro de baixada, tal como sucedía xa no tramo seguinte da rúa da rúa do Hórreo. Se ben se permitirá a incorporación á rúa dende Fernando III O Santo xirando á dereita, quedarán prohibidos os xiros á esquerda dende esta rúa e dende a estación do tren. Neste último caso só se poderá xirar á dereita, en sentido subida. Aínda que nesta primeira fase os carrís habilitados serán os máis próximos ao lado da estación, haberá a posibilidade de que os dous carrís habilitados o sexan do outro lado. Estas restricións están motivadas pola entrada en funcionamento dunha nova pilotadora para traballar no entorno da glorieta. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|