O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez inaugurou estas Xornadas, nun acto no que tamén interviñeron o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias; o presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández; o subdirector xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo da Consellería de Traballo, Jorge Barros. Todos coincidiron en sinalar a importancia das empresas de inserción laboral na integración laboral e social das persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos. Ramos Masjuán, que a continuación impartiu o relatorio As empresas de inserción. Marco legal. Expectativas. Límites. Alternativa para unha época de crecemento do desemprego, sinalou que actualmente hai en España entre cerca de 150 empresas de inserción laboral que ocupan a 3.500 persoas. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|