Frances Allen asina no Libro de Ouro da cidade. O alcalde regálalle á científica un gravado de Santiago.
Sánchez Bugallo saúda a Allen en presenza de Jorge Mira, responsable do programa ConCiencia.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a Frances Elizabeth Allen, premio Turing 2006 e relatora no programa ConCiencia. A científica asinou no Libro
de Ouro da Cidade.
Frances Allen declarou o "gran descubrimento" que para ela foi Santiago
de Compostela, despois das moitas viaxes que ten realizado. En particular, definiu á cidade como un lugar "espiritual" e
indicou que "canto máis vexo da cidade, máis sinto que é o centro de Europa". A súa idea –comentou- é volver en verán a Santiago con toda a súa
familia.
Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Comspotela
|