|
O alcalde percorre a zona recuperada en compañía dos veciños.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de urbanización do barrio de Fonte do Ouro, cuxa primeira fase vén de rematar. Investíronse 225.687 euros nunhas obras que supuxeron a recuperación da fonte que da nome ao lugar, a recuperación do cauce do río, a creación de beirrarrúas e a dotación de diversos elementos urbanos.
En total, a superficie reurbanizada ascendeu a 1.992 metros cadrados, dos cales 1.268 se corresponden coa nova calzada pavimentada e cun aparcadoiro para varias prazas creado no lugar. Creáronse tamén 471 metros de beirarrúas e axardináronse outros 188 metros cadrados, o que incluíu a plantación de catro magnolios
Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|