O Consello de Administración do Consorcio aprobou un
orzamento de 17.692.990,64 euros para o exercicio 2009, o que permitirá desenvolver os proxectos e programas do organismo interadministrativo. Este esforzo significa consolidar o protagonismo do Consorcio como motor das políticas de recuperación urbana e dinamización turístico cultural da cidade, ademais da atención dedicada ao Programa de Información, Estudo e Interpretación da Cidade Histórica.
A este último programa destínaranse 1.211.789,69 euros;
unha cantidade que se utilizará para concluir a segunda fase do Sistema de Información Patrimonial (SIP) e dar continuidade á segunda anualidade do Proxecto URBE e do programa de
publicacións.
Para os plans de Recuperación Urbana, o Consorcio de
Santiago destinará, en cambio, 6.124.222,92 euros, que serán distribuídos
entre as novas axudas de rehabilitación e mantemento de edificios; á intervención en
monumentos e elementos mobiliarios de valor histórico-artístico; ao programa de mantemento de lousados da cidade histórica; á novas actuacións no sistema viario; ao
inicio do proxecto de expropiación do Castelo de A Rocha; á continuidade do programa de intervención en parques e á dotación do Premio Santiago
de Compostela de Cooperación
Urbana.
Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|