O edificio baixo a dirección do arquitecto Manuel Gallego Jorreto converterase no futuro Museo das Peregrinacións e de Santiago.
O proxecto de intervención no antigo Banco de España para
adecualo a nova función de Museo das Peregrinacións e de
Santiago parte da profunda relación do edificio co conxunto
monumental no que se inserta. Esto quere decir, en opinión do arquitecto Manuel Gallego Jorreto, que o novo Museo non se pode concebir ao marxe da súa ubicación ao pé da Catedral nin do seu emplazamento na emblemática praza de Praterías.
Polo que respecta ao interior do edificio, as modificacións que se levarán a cabo afectan fundamentalmente á case única utilización do seu interior como espazo expositivo en detrimento doutros usos. A escasa altura da primeira e segunda planta motivou a creación dun espazo integrador e de relación que permita unha fácil orientación ao visitante. Deste xeito consíguese un espazo xeneroso en altura que permita a relación visual desde diferentes prantas; espazo que se incorpora ao antigo edificio como de nova creación.
Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|