|
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández Blanco, presentaron o programa das Xornadas Técnicas de Empresas de Inserción Laboral, que se desenvolverán o 14 de decembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. Dirixidas a persoal técnico e a profesionais relacionados coa promoción do emprego e a inclusión social de todo o Estado Español, o seu obxectivo é promover un lugar de encontro para todas aquelas persoas que dende o mundo da empresas, das institucións públicas, das entidades sindicais e do tecido asociativo, están involucradas na loita contra a exclusión social. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|