|
Os técnicos municipais reuniranse en breve cos equipos redactores dos proxectos de reurbanización das vías de acceso á cidade. Segundo anunciou o concelleiro de Infraestruturas,
Bernardino Rama, o obxectivo desta xuntanza será indicarlles que, á marxe das peculiaridades de cada unha das travesías, o modelo a seguir será o da rúa Mestre Mateo.
Adxudicada a redacción destes proxectos, estes deberán estar listos en decembro, co obxectivo de que se poidan licitar algunhas das obras nos primeiros meses de 2009. Recibidos os proxectos,
o Concello decidirá cales son as obras que se executan en primeiro lugar. A previsión é que se poidan acometer as obras en dúas travesías simultaneamente.
Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Comspotela
|