O xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano
A concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, acompañada polo xefe da Policía Local de Santiago, Norberto Villaverde, anunciou a posta en marcha desta campaña no mes decembro. Así mesmo, presentaron nesta rolda os resultados acadados na campaña de control do teléfono móbil, que se saldou con 45 persoas denunciadas por facer un uso indebido do mesmo ao volante.
A campaña de control de alcoholemia, que se enmarca nas postas en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico, estenderase dende o vindeiro 8 de decembro ata o 21. Non se trata, como sinalou a concelleira, "de cazar a ninguén, senón de que todo o mundo sexa responsable" nunha época clave na que se celebran moitas ceas de Nadal e na que a Policía Local fará un esforzo importante para mellorar a seguridade viaria
Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|