O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente de ADIF, Antonio González Marín. Ao remate da entrevista, Bugallo sinalou que o convenio para a construción da nova estación do tren quedou xa redactado, polo que, unha vez estudado, as partes deberán manifestar a súa conformidade ou disconformidade.
Sánchez Bugallo explicou que existe a "vontade", explicou, de que en canto o convenio en vigor se empecen inmediatamente os traballos para redactar o Plan Especial desa zona segundo o previsto no PXOM. A tal efecto, buscarase "o mellor equipo técnico".
Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|