|
O 15 de novembro celébrase o Día mundial en recordo das vítimas da violencia viaria. A cidade de Santiago unirase a esta conmemoración cunha serie de actividades a celebrar o día anterior, o sábado 14 de novembro. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e a presidenta de Stop Accidentes, Jeanne Piccard, presentaron estes actos, insistindo na necesidade da concienciación cidadá e política sobre este tema. Nesta dirección, Piccard destacou que en breve se vai celebrar en Moscova unha reunión de ministros de Transportes "para falar por primeira vez de seguridade viaria". Tamén se referiu á rede iberoamericana de asociacións que loitan contra a violencia diaria que se está impulsando dende Stop Accidentes e na que se implicará a 17 países. En canto aos actos previstos para o 14 de novembro, abriranse ás 11:30 horas cun obradoiro para nenos e nenas denominado "Panel do recordo". Neste taller, coordinado por monitores da Concellería de Educación, traballará sobre elementos, textos e material fotográfico relacionado coa educación viaria. Irase conformando un "panel de recordo das vítimas" onde todas as persoas que ao longo da mañá discorran praza poidan deixar constancia da súa solidariedade con este tema. Fuente: Ayuntamiento de Santiago de Compostela
|